O mércores 8 de febreiro, celebrarase, ás 11 h, no Edificio Redeiras do Berbés, en Vigo, unha rolda de prensa de presentación arredor de Son unha nena. Sufrirei violencia e discriminacións?, coordinado por Yolanda Rodríguez Castro e María Lameiras Fernández.
Acompañando a coordinadora María Lameiras Fernández, estarán Mónica Valderrama, Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da UVigo, Agueda Gómez Suárez, directora da Unidade de Igualdade da UVigo, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.