O mércores 21 de outubro, celebrarase, ás 11 h, no Salón de Plenos do Concello da Estrada, unha rolda de prensa de presentación arredor de Paio e o Gatipedro, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado 2026, de Milagros Torrado Cespón e Laura Pérez Delgado.
Acompañando as gañadoras, estarán Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; e Sara Valcárcel Maceira, responsable de Comunicación e coordinadora Novos Proxectos de Editorial Galaxia.