Rolda de prensa arredor de “Galegos no golfo de México” e “Historia de emigrantes”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 2, Novembro 2023 / 12:00
Data e hora de remate: 2, Novembro 2023 / 13:00
C.P.

O xoves 2 de novembro, celebrarase, ás 12 h, no Pazo de San Roque, unha rolda de prensa de presentación arredor das novas publicacións de Xosé Neira Vilas Galegos no golfo de México e Historia de emigrantes.

No acto, participarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; Xosé López García, prologuista de Galegos no golfo de México; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email