Rolda de prensa arredor de “Debuxar o mundo”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 2, Marzo 2022 / 11:30
Data e hora de remate: 2, Marzo 2022 / 12:30
C.P.
O mércores 2 de marzo, celebrarase, ás 11:30 h, unha rolda de prensa arredor de Debuxar o mundo. Xogar, crear e compartir, de Vicente Blanco e Salvador Cidrás, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Acompañando os autores, no acto participarán Jesús Manuel Álvarez Bértolo, Director Xeral de Centros e Recursos Humanos, e Francisco Castro, Director Xeral de Editorial Galaxia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email