O xoves 5 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro, en Santiago de Compostela, a presentación de Grial 248. Comunicación e novas tecnoloxías.
Contará coa participación de María López Sández, directora da revista Grial; Henrique Monteagudo, presidente da RAG; e os coordinadores do Foro Comunicación e novas tecnoloxías, Llerena Perozo, escritora; e Víctor F. Freixanes, escritor, xornalista e editor; e Xosé M. Soutullo, director de Editorial Galaxia.