O xoves 13 de novembro, celebrarase, ás 11:45 h, na cafetería da ESADg, en Vigo, a presentación de Os rapaces só se tocan para darse de hostias, Premio Vidal Bolaño, de Iván Caloto.
Acompañando o autor, estarán Roberto Pascual, vicedirector da ESADg, e alumnado da Escola que participan no Colectivo Cuir.