O venres 11 de setembro, celebrarase, ás 19:30 h, na Casa da Cultura Galega (Fundación Penzol), en Vigo, a presentación de Memorias dunha terra, de Xosé María Castroviejo.
No acto, participarán María Castroviejo, filla do autor; Patricia Arias Chachero, conselleira de Editorial Galaxia; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.