O venres 29 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no espazo Cultural Portas Ártabras da Coruña, a presentación do libro "Doutrina e Ritual da Moi Nobre Orde Galega do Sancto Graal. A Estrela do Apóstolo", de Vicente Risco.
No acto, interveñen Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco; Felipe-Senén López Gómez, arqueólogo, responsable da edición, estudo e notas; Xavier Alcalá, membro do Consello de administración de Editorial Galaxia.