O xoves 24 de marzo, celebrarase, ás 19 h, a presentación de Unha nova Olanda, de Antón Baamonde, na sala Ramón Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes de Madrid.
Acompañando o autor, estarán Xosé Hermida, xornalista e cronista parlamentario de El País, Eric Juliana, xornalista e comentarista político de La Vanguardia, e Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.
O acto será presentado polo artista visual e escritor Antón Patiño.