O venres 24 de abril, ás 20:00 horas, celebrarase na Biblioteca Isaura Gómez a presentación do libro Un intre no tempo. Poesía reunida 1967-2017, como homenaxe a Xosé Luís Franco Grande, en edición de Teresa Seara.
No acto intervirán Sandra González Álvarez, alcaldesa de Tomiño; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Marta Dacosta, escritora e vogal do Consello Directivo da AELG; Xosé Soutullo, presidente de Editorial Galaxia; Teresa Seara, editora do libro; e Navia e Rosalía Franco, fillas de Xosé Luís Franco Grande.