O venres 27 de novembro, ás 19 h, o Centro Social Fuscalho, na Guarda, acollerá a presentación de Tui 1900-1936, de Carlos Méixome, Xosé Ramón Paz Antón e Bieito Alonso Fernández.
A obra recupera o tecido social, obreiro e agrario que marcou a vida de Tui antes do estalido da Guerra Civil. Un exercicio de memoria histórica que permite coñecer e recuperar as voces de quen construíu o día a día da cidade miñota.