O mércores 25 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, no andar 0 do Edificio Castelao, no Museo de Pontevedra, a presentación de Suso Vaamonde. A canción libre e comprometida dun pobo, de Fernando Fernández Rego.
Acompañando o autor, estará Antón Masa, presidente da Asociación Defensa da Ría de Pontevedra.
O acto contará con momento musical a cargo de Tino Baz, que interpretará cancións en recordo de Suso.