O xoves 23 de novembro, celebrarase, ás 19 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación de Sobremesas sobre versos, Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022, de Raquel Castro.
Acompañando a autora, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística; María Isabel Gey, presidenta de Agadea; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.