O xoves 14 de decembro, celebrarase, ás 20 h, na Morada, en Vigo, a presentación de Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas.
Acompañando a autora, estarán Inma López Silva, escritora e crítica teatral; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.
A partir das 20:30 h, concerto poético que incluirá recital de textos do libro da formación Cintaadhesiva, no seu décimo aniversario, coa participación de artistas convidadas.