O venres 20 de maio, celebrarase, ás 20:30 h, no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, a presentación de "Por mor de cinco pizzas aos catro queixos", IV Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, de Xosé A. Neira Cruz.
Acompañando o autor, estarán o alcalde da Pobra, Xosé Lois Piñeiro, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Manuel Cartea, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.