O xoves 23 de outubro, celebrarase, ás 19 h, na Casa Galega da Cultura-Fundación Penzol de Vigo, a presentación do libro "Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967 - 2017", en homenaxe á figura de Xosé Luis Franco Grande.
No acto, intervirán Manuel Puga, presidente da Fundación Penzol; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia; Teresa Seara, editora do libro; e Navia Franco e Rosalía Franco, fillas do homenaxeado.