O luns 6 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta, en edición de Armando Requeixo.
Acompañando o editor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta, Tamara Andrés, poeta e investigadora, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.