Presentación de “Paseata arredor da morte”, en Santiago de Compostela

Data e hora de comezo: 22, Abril 2022 / 19:30
Data e hora de remate: 22, Abril 2022 / 20:30
C.P.
O venres 22 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na sede de Afundación de Santiago de Compostela, a presentación de "Paseata arredor da morte", de Domingo García-Sabell, organizada polo Ateneo de Santiago. No acto, participarán a profesora e filóloga galega, Teresa García-Sabell, filla do autor, Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Andrés Torres Queiruga, doutor en Filosofía e Teoloxía, o debuxante Siro López, e Antón Vidal Andión, presidente de Editorial Galaxia. Presenta o acto Manuel López-Rivadulla, presidente do Ateneo de Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email