Presentación de “Paio e o gatipedro” en Cespón

Data e hora de comezo: 20, Novembro 2026 / 20:00
Data e hora de remate: 20, Novembro 2026 / 21:00
C.P.

O venres 20 de novembro, coincidindo co Día Mundial da Infancia, celebrarase, ás 20 h, en Cespón, a presentación de Paio e o gatipedro, Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado, en colaboración coa Asociación Cultural Barbantia.

O acto contará coa participación de Carmen Silva Rodríguez, concelleira de Lingua e Ensino e incluirá unha pequena representación teatral a cargo de BarbanTEA, o grupo de teatro da asociación.

Comparte nas túas redes sociais ou por email