O mércores 8 de maio, celebrarase, ás 20 h, no salón de actos do MARCO, unha Charla-Coloquio arredor de Os EOAS, de Eduardo Pondal, en edición de Xosé Ramón Pena, que leva por título Os Eoas de Eduardo Pondal. Colón e Galicia nunha epopea funcional, organizada por Club Faro de Vigo.
Acompañando a Xosé Ramón Pena, estarán Anselmo López Carreira, doutor en Historia; catedrático de secundaria e profesor na UNED, e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.