Presentación de “Os afogados”, en Betanzos

Data e hora de comezo: 21, Febreiro 2024 / 19:30
Data e hora de remate: 21, Febreiro 2024 / 20:30
C.P.

O mércores 21 de febreiro, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de Os afogados, Premio Illa Nova de Narrativa 2023, de Pablo J. Rañales.

Rober Cagiao e Pablo J. Rañales, en conversa sobre os xéneros que protagonizan as súas primeiras obras en galego (novela negra e ciencia ficción), mais tamén sobre as circunstancias arredor de arrancar a escribir na lingua do país, os seus procesos creativos e a visión do sistema literario de Galicia.

Comparte nas túas redes sociais ou por email