Presentación de “O paso do noroeste”, en Vigo

Data e hora de comezo: 5, Outubro 2023 / 18:00
Data e hora de remate: 5, Outubro 2023 / 22:00
C.P.

O xoves 5 de outubro, celebrarase, ás 18 h, no espazo Banda Deseñada, no Calvario de Vigo, unha sinatura arredor de O paso do noroeste, de Xavier Queipo e Primitivo Marcos.

Ás 19:30 h, celebrarase, na Casa del Libro, unha presentación arredor do mesmo título. Os autores, estarán acompañados por Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.

Ás 20 h, inaugurarase, en RioLagares, unha exhibición arredor do proceso creativo da obra, con todas as etapas da ilustración, de Primitivo Marcos.

Comparte nas túas redes sociais ou por email