O venres 21 de abril, celebrarase, ás 18:30 h, en El Corte Inglés da Coruña, unha presentación e contacontos arredor de O mundo de cores de Roque e Lía, de Paula Suárez, ilustrado por Nuria Díaz.
Acompañando a autora, estará Cristina Rivas Dacosta, presidenta da Asociación Galega de Cardiopatías Congénitas e Cardiopatías Familiares Late Corazón!.