O mércores 9 de marzo, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación Abanca, a presentación de O idioma galego baixo o franquismo, de Henrique Monteagudo, organizada polo Ateneo de Santiago.
Acompañando os autores, estarán a escritora Marilar Aleixandre e o historiador Lourenzo Fernández Prieto.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedeiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.