SUBE AO PARAUGAS DE FAZULAS!
Fazulas, o gato máis viaxeiro, chega a Santiago cunha nova aventura!
O sábado 19 de decembro, celebrarase, ás 12 h, na Libraría Cronopios de Santiago de Compostela, a presentación de "O contador de areas", de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel.
E haberá unha xornada moi especial para as familias: contacontos, sinatura de libros co autor e a ilustradora, un photocall para fotografarse no paraugas de Fazulas e agasallos sorpresa para as nenas e nenos que os acompañen!