SUBE AO PARAUGAS DE FAZULAS!
Fazulas, o gato máis viaxeiro, chega a Lalín cunha nova aventura!
O sábado 14 de novembro presentarase, ás 12:30 h, na Libraría Nigraponte, en Lalín, O contador de areas, de Xosé Lueiro, ilustrado por Sara Valcárcel.
E haberá unha xornada moi especial para as familias: contacontos, sinatura de libros co autor e a ilustradora, un photocall para fotografarse no paraugas de Fazulas e agasallos sorpresa para as nenas e nenos que os acompañen!