O venres 13 de novembro, celebrarase, ás 20 h, no Museo de Pontevedra (edificio Castelao, zona acristalada), a presentación de O consello de Galiza, de Ramón Villares, en colaboración co Ateneo de Pontevedra.
Acompañando o autor, estarán Xosé Fortes, historiador, e Susana Regueira, xornalista de Faro de Vigo.