O xoves 22 de outubro, celebrarase, ás 19:30 h, no Museo de Historia Natural de Ferrol, a presentación de Memorias dunha terra, de Xosé María Castroviejo.
Participan Xan Rodríguez Silvar, biólogo, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e director do Museo de Historia Natural de Ferrol; Rafael López Loureiro, escritor e divulgador naturalista; e María Castroviejo Bolibar, filla do autor.