O xoves 29 de outubro, celebrarase, ás 20:00 h, no Museo Massó de Bueu, a presentación de Memorias dunha terra, de Xosé María Castroviejo.
Participan Covadonga López de Prado Nistal, directora do Museo Massó; Fernando Alonso Romero, catedrático emérito ad honorem da Universidade de Santiago de Compostela, investigador e escritor; Anxo González Guerra, profesor de Lingua e Literatura Galegas; e María Castroviejo Bolibar, filla do autor.