Presentación de “Memorias dun neno labrego”, na Estrada

Data e hora de comezo: 23, Maio 2024 / 20:00
Data e hora de remate: 23, Maio 2024 / 21:00
C.P.

O xoves 23 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Casa das Letras da Estrada, a presentación da novela gráfica Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, adaptado por Iria Aldegunde.

Acompañando a ilustradora, estarán Pilar Bernárdez (Recuncho da Lingua); Carlos Loureiro, mestre e escritor; Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; Pilar Sanpedro Martínez, membro da Fundación Neira Vilas; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.

Coa colaboración do actor da EMAE: Rodrigo Feijoo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email