O venres 26 de abril, celebrarase, ás 20:30 h, no Pazo de Goiáns, en Boiro, a presentación de Historias de Barbantia. 17 relatos de autoras e autores do Barbanza, de VVAA.
No acto participarán, Natalia Carou, escritora; María Xesús Blanco, presidenta da A. C. Barbantia; Antón Riveiro Coello, coordinador do volume; Manuel Carteaga, vogal da A. C. Barbantia; María Outeiral, concelleira de Cultura de Boiro; José Ramón Romero García, alcalde do Concello de Boiro; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.