O xoves 9 de marzo, celebrarase, ás 17 h, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Norte da USC, en Santiago de Compostela, a presentación de Grial. Revista Galega de Cultura, nº 236.
Celebrarase unha mesa redonda que leva por título A cultura galega ante os cambios educativos, nela intervirán Bieito Silvia Valdivia, Ramón Facal, Carmen Morán de Castro, Mar Lorenzo Moledo, Xulia Crespo, Manuel Vieites e María López Sández.