O martes 28 de novembro, celebrarase, ás 18 h, no Instituto Camões - Centro Cultural Português en Vigo, a presentación de Galicia e Portugal. Irmandade e fronteira, de Ramón Villares.
Acompañando o autor, estarán António Cunha, presidente da Eurorregión e da CCDR-Norte; Célia Méndes, directora do Instituto Camões - Centro Cultural Português; Lourdes Varela; licenciada en Xeografía e Historia, colaboradora do Faro da Cultura e Faro de Vigo; e Xosé Manuel Soutullo, director xeral de Editorial Galaxia.