O xoves 16 de novembro, celebrarase, ás 19:45 h, na libraría Formatos da Coruña, a presentación de Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura, de Manuel Pérez Rúa.
Acompañando o autor, estarán Xosé Luís Barreiro, político e escritor; e Ramón Villares, catedrático de historia e escritor.