O mércores 9 de outubro, celebrarase, ás 19 h, no salón da Biblioteca Municipal do Porriño, a presentación de Fóra de campo, Premio Roberto Vidal Bolaño 2024, de Rosalía Fernández Rial.
Acompañando a autora, estarán Alejandro Lorenzo, alcalde do Concello do Porriño; Raquel Castro, (IES Ribeira do Louro); e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.