O martes 22 de marzo, celebrarase, ás 20:15 h, na libraría Cartabón de Vigo, a presentación de Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética, de Xesús Alonso Montero.
Acompañando o autor, estarán o crítico literario Ramón Nicolás, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.