O martes 26 de abril, celebrarase, ás 20 h, a presentación de Eu son Exeria. Lectura feminista dunha viaxe no século IV, de Marisa Vidal Collazo, ilustrado por Sole Pite Sanjurjo, na galería Nemonon de Pontevedra.
Acompañando a autora e ilustradora, estarán Lorena Conde, escritora e directora teatral, e o pintor Antón Sobral.
A actriz e vocalista Inés Salvado realizará un monólogo arredor da figura de Exeria, a partir de textos do libro.