O mércores 17 de maio, celebrarase, ás 19:30 h, na sede do Centro Galego de Salamanca, a presentación de Cruzados por el camino, II Premio de Novela Camiño de Santiago 2021, de José G. Barral.
Acompañando o autor, estarán Honorio Cardoso, catedrático de historia, e Fernando Franco, escritor e xornalista.