Presentación de “Compostela, póla florida”, en Santiago

Data e hora de comezo: 29, Xuño 2023 / 19:30
Data e hora de remate: 29, Xuño 2023 / 20:30
C.P.

O xoves 29 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, no auditorio do Museo do Pobo Galego, a presentación de Compostela, póla florida (Editorial Galaxia, 2023), de Francisco Fernández del Riego, e De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego (Alvarellos, 2023), de Antón Mascato.

Participarán, Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa e presidenta do Consorcio de Santiago; Belén Hernández Lafuente, xerente do Consorcio de Santiago; María Concepción Losada Vázquez, presidenta do padroado do Museo do Pobo Galego; Xesús Domínguez Dono, editor e director de Producións de Editorial Galaxia; Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora; Antón Mascato, autor; e Juan Conde Roa, responsable de publicación do Consorcio de Santiago.

Comparte nas túas redes sociais ou por email