O martes 15 de setembro, celebrarase, ás 20 h, no exterior da libraría Escolma do Carballiño, a presentación de Buscando a Dalia, de Miguel Anxo Fernández.
Acompañando o autor, estarán Raquel Domínguez, xornalista da CSAG (Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia); e Carlos Rodríguez Calvo, escritor, xornalista e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas.