O luns 3 de xuño, celebrarase, ás 20 h, no MARCO, unha conversa que leva por título "As malas mulleres. Tirando vidas do pozo da desmemoria", un evento que xira arredor da obra de Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022, organizada polo Club Faro de Vigo.
Acompañando a autora, estarán Rexina Vega, escritora; e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.