O mércores 28 de xaneiro, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación, en Santiago de Compostela, a presentación de As bocas cosidas, de Marilar Aleixandre, organizada polo Ateneo de Santiago.
Acompañando a autora, estará Dolores Vilavedra, Catedrática de Literatura Galega da USC; e José Manuel González Herrán, Directivo do Ateneo de Santiago.