O xoves 19 de decembro celebrarase, ás 19 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, un acto de homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso do acto, organizado en colaboración co Ateneo de Pontevedra, presentarase o libro "Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida", coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e a Fundación Penzol.
Na homenaxe intervirán, Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra; Rafael López Torre, escritor; Guillermo Campos, xornalista; Pilar Allegue, filósofa e escritora; Fernando Filgueira Iglesias, médico e padroeiro da Fundación Filgueira Valverde, e Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia.