O mércores 22 de abril, celebrarase, ás 19:30 h, na Biblioteca da EMAO, en Vigo, a presentación de Agora non é antes, de Antón Baamonde.
Acompañando o autor, estarán Manolo Bragado, escritor e editor; Teresa Táboas, doctora, arquitecta, profesora e política; e Xavier Mártinez Cobas, conselleiro delegado de Editorial Galaxia.