O luns 20 de marzo, celebrarase, ás 18:15 h, no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela, a presentación de A miña terra é un vello falar, de Manuel Pombo.
Acompañando o autor, estarán Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Darío Villanueva, profesor, e Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia.