O xoves 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación de A luz co tempo dentro, de Xesús Rábade Paredes, organizada polo Ateneo de Santiago.
Acompañando o autor, estará a cineasta, docente e conselleira da Editorial Galaxia, Margarita Ledo Andión, e Francisco Candela, vicepresidente do Ateneo de Santiago, e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia.