O martes 20 de xuño, celebrarase, ás 20 h, no local Cántigas da Terra, en Coruña, a presentación de 50 aniversario. Fuxan os ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío, de Mero Iglesias.
Acompañando o autor, estarán Xulio Xiz, xornalista; Pilar Martínez Conde, profesora, psicóloga e cantora; Miro Casabella, cantor e profesor; Xosé Quintas Canella; cantor.
O acto contará coa interpretación musical da Escola de Zanfoñas de Cántigas da Terra, que imparte e dirixe Miro Casabella.