O mércores 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, en Afundación de Ferrol, a presentación da nova edición de Alén da desventura, de Xavier Alcalá, ilustrado por Siro.
Acompañando o autor e o ilustrador, estarán Xulia Díaz, presidenta do Club de Xornalistas de Ferrol e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.