O domingo 27 de marzo, celebrarase, ás 12:30 h, no Centro Social Santa Lucía de Vilamartín de Valdeorras, a presentación da Antoloxía poética, de Florencio Delgado Gurriarán.
No acto, participarán Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura e Educación do Concello de Vilamartín, Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, Aurelio B. Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses, Débora Álvarez, directora do proxecto As Letras de Florencio, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.