O sábado 24 de febreiro, celebrarase, ás 13 h, no Auditorio de Baio, en Zas, a presentación da Antoloxía poética, de Enrique Labarta Pose, en edición de Xosé María Rei Lema e Xosé Manuel Varela Varela.
Acompañando os editores, estarán Manuel Muíño, alcalde do Concello de Zas; e Xesús Domínguez Dono, director de Produción de Editorial Galaxia.
Este libro contou coa colaboración do Concello de Zas.